martes, 16 de abril de 2024

venres, 22 de marzo de 2024

Votacións 22 de marzo de 2024

 


UN BARCO NO QUE CABEN TODOS


 Os alumnos de  sexto desenvolveron esta actividade por mor do  Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo que quedou exposta nos xardíns do Concello de Moaña. No resto das aulas realizamos xogos para desenvolver a empatía, a confianza e a capacidade de poñerse no lugar do outro, para favorecer o desenvolvemento da intelixencia emocional e as habilidades sociais, así como desenvolver a escoita activa e a comunicación.

Pinchando na foto iredes ao blog da Biblioteca e do Equipo de Dinamización Lingüística onde podedes ver o vídeo coas fotos do desenvolvemento das actividades e coa emotiva canción que as rapazas de 5º curso cantan ao final.